Dentro do Proxecto de Conservación da diversidade biolóxica de ecosistemas fluviais promovido polo Nucleo de Sostibilidade Integrada da Asociación de Desenvolvemento Rural - Proder II - Comarca de Pontevedra, plantéxanse actividades de participación cidadán destinadas a nenos e nenas da Comarca, conxuntamente cos seus pais e nais.

Estas actividades denomínanse Obradoiros de Biodiversidade.

Este proxecto de Educación Ambiental quere acadar entre os participantes unha maior sensibilización sobre a problemática dos nosos ríos, non so como espectadores, senón dando valor a participación, a reflexión xunto coa acción ou estratexia na resolución dos problemas.

Os principais obxectivos do proxecto son:

* Coñecer a flora e fauna representativa dos ríos galegos, e valorar a extraordinaria importancia ambiental e social destes espazos únicos.

* Avaliar “in situ” o impacto ambiental das especies vexetais invasoras e a alteración que producen nos cursos fluviais e nos bosques de ribeira, e xustificar a necesidade do seu control i erradicación.

* Mostrar as tarefas concretas de control de ditas especies e o proceso de rexeneración ecolóxica da biodiversidade autóctona.

* Realizar experiencias e traballos de campo para coñecer o estado de saúde ambiental e colaborar na mellora e na conservación dos cursos fluviais.

Charlas e Proxección de Audiovisuais

Realizaranse nos catro Concellos participantes no proxecto, e constarán da proxección do audiovisual realizado nos Obradoiros do outono 2008, e dunha charla para difundir as novas actividades da primaveira 2009.

As datas e lugares das charlas son:

* 28 de abril - Concello de Poio
* 29 de abril - Concello de Ponte Caldelas
* 30 de abril - Concello de Vilaboa
* 11 de maio - Concello de Barro

OBRADOIROS PRIMAVEIRA 2009

No mes de maio de 2009 realizaranse novos Obradoiros de Biodiversidade nos ríos dos Concellos do Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra.

As novas actividades terán lugar os sábados.


* 9 de maio - Poio

* 30 de maio - Poio

* 6 de xuño - Vilaboa


As personas interesadas en participar terán que facer a inscrición mediante a ficha que poden atopar nesta web, ou chamando ao teléfono 986 264193.


.

Calendario de Obradoiros Outono 2008

  • 27 setembro - Ponte Caldelas - A vexetación de ribeira
  • 4 outubro - Barro - A vexetación de ribeira
  • 11 outubro - Vilaboa - A vexetación de ribeira
  • 11 outubro - Poio - A vexetación de ribeira
  • 18 outubro - Ponte Caldelas - O estaquillado de especies de ribeira
  • 18 outubro - Barro - O estaquillado de especies de ribeira
  • 25 outubro - Vilaboa - O estaquillado de especies de ribeira
  • 25 outubro - Poio - O estaquillado de especies de ribeira
  • 8 novembro - Barro - A recuperación da vexetación de ribeira
  • 15 novembro - Ponte Caldelas - A recuperación da vexetación de ribeira
  • 22 novembro - Vilaboa - A recuperación da vexetación de ribeira
  • 29 novembro - Poio - A recuperación da vexetación de ribeira

Ficha de inscrición

As persoas interesadas en participar nos Obradoiros teñen que cubrir a seguinte Ficha de inscrición, e remitila ao enderezo obradoirosbiodiversidade@gmail.com ou por FAX ao número 986 264193.

Os Obradoiros son totalmente gratuítos.

As prazas son limitadas, e concederanse por orde de inscrición.
A data límite para inscribirse remata o día anterior a cada obradoiro as 12:00.
No hay ninguna entrada.
No hay ninguna entrada.